Fotografia: Juan Moreno

<<<

ADN Núm. 5 – Abril del 2023

LA REPÚBLICA DELS FANS

<<<

Lin doce veces «The Lord of the Rings» en inglés

Juan Manuel Grijalvo (Bilbo, 1954) asígnase o oficio de «extraballador de La Caixa», detalle nada superfluo. Corría o ano 1988 cando o coñecimos. Un colaborador noso da primeira etapa de ADN, Vicent Escandell «Sita», facía o servizo militar en Ibiza e organizou unha xuntanza con el para encarreirar o patrocinio da entidade bancaria na nosa revista, que entón era un sinxelo fanzine fotocopiado. Grijalvo ensinounos a redactar a oportuna instancia, e dende ese momento o ADN saíu impreso. Neste punto da entrevista, que durará as súas boas dúas horas, evocamos a bonhomía doutro traballador formenterano de La Caixa que nos axudou bastante: o comprometido e resolutivo Eusebi Roig «Palla». Pregúntanos se na entrevista só se falará de cousas pasadas, e respostámoslle que non.

Grijalvo viviu once anos en Canarias, dende os cinco anos. Logo medrou en Barcelona, e instalouse en Ibiza a principios dos 80. «Deume moito fastío deixar a vida cultural de Barcelona». Procurou avivar esas ascuas co seu fanzine Halifirien e cun efímero Ateneu Cultural d’Eivissa, e nunca deixou de implicarse en asociacións e ONGs. Falamos de cine evocando a Kubrick e Kurosawa, pero onde profundizamos en serio é no universo Tolkien, que Grijalvo defende obstinadamente. Nunca mellor dito. «Poderei falar do meu proxecto de xunguir Ibiza e Formentera?», insiste. Respostámoslle que si.

Proclama que leu, só, 12 veces «O senor dos anéis» enteiro en versión orixinal inglesa e que nunca deixou de estudalo, e asegura que o 80% do seu inglés ven da lectura. Comentamos o oficio dos traductores e a versión catalana de Francesc Parcerisas da novela de Tolkien. Concordamos en que os bos traductores no son os que só dominan a lingua de partida, senón tamén a de destino. «Cando poderei explicar o meu proxecto de enlazar as Pitiusas?» Logo, respostamos.

Con frases como «Internet era outra cousa antes das redes sociáis» constatamos que ímos para vellos e que moitos cambios os vemos como unha decadencia. O entrevistado tamén é crítico coa desinformación que distorce a visión da realidade. Ó longo da entrevista xorde o seu interese pola movilidade, a comunicación e o transporte. «Penso que me naceu no ventre materno, dende onde escoitaba a sirena do tren do Urola». Grijalvo ten un blogue (http://grijalvo.com/wordpress/) onde trata ese conxunto de curiosidades. Neste punto, Grijalvo amosa xa sináis de impaciencia: «Podo falar xa do meu proxecto de intercomunicar Ibiza e Formentera cunha especie de teleférico?»

– ¡Que noooooon!

>>>