<<<

Merquei

unha botella

de augardente

e púxena na bicicleta,

pero camiño á casa pensei:

«E se caio e escacha, que?»

Entón parei

e chimpeina toda;

e olla que ben que fixen

porque logo,

camiño á casa,

caín seis veces…

>>>