<<<

Que facemos na SGHN?

Temos o Museo de Historia Natural en Ferrol.

Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.

Realizamos alegacións a proxectos

que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.

Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio

e de restauración e conservación do patrimonio natural.

Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.

Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia

(hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)

Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo:

ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía…

Paspallás é a nosa revista de divulgación.

Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.

<<<

https://sghn.org/

>>>