<<<

No ano 1986 nace LUAR NA LUBRE na cidade de A Coruña,

convertíndose co paso dos anos e o seu teimoso traballo,

nunha das formacións máis prometedoras e referenciais

da música feita na Galiza e en galego.

O traballo que desenrola a banda está enfocado dende a óptica

de entender que a música é un dos factores culturais máis importantes

para a afirmación do dereito á diferencia enriquecedora do pobo galego.

O grupo pretende que na Galiza predomine a súa cultura,

aínda que non rexeita influenzas que melloren a súa proposta,

sen deturpar o carácter central do seu proxecto,

que baséase fundamentalmente nas músicas de raiz e língua galegas,

polo que adican especial atención ao estudo dos cancioneiros galegos,

así como ao traballo de campo,

que lles proporciona un fondo coñecemento sobre a realidade musical galega,

que tamén se revela determinante nas composicións propias.

<<<

http://www.luarnalubre.com/

>>>